Comeza xullo e da inicio o Campamento de verán de Cisneros 2022.
Podedes seguir o Campamento de Cisneros 2022 no seguinte blog:
https://cisnerosveran.blogspot.com/
Comeza xullo e da inicio o Campamento de verán de Cisneros 2022.
Podedes seguir o Campamento de Cisneros 2022 no seguinte blog:
Hoxe por unha banda estamos moi tristes porque remata o Campamento; estabamos a pasalo tan ben coas compañeiras e compañeiros e tamén cos profes!!!
Pero rematámolo cunha divertida festa de despedida que nos prepararon. Primeiro houbo xogos de auga cos que nos mollamos un "chisquiño" e rimos moito.
Despois o remate final cunha piñata e unha merendola con cousiñas que saben que nos apetecen!
E moitas, moitas fotos para a lembranza.
Os profes de Cisneros dixéronnos que agradecían as nosas nais e aos nosos pais que confiaran en eles para que nós participaramos na Escola de Verán. Foi unha sorte que os nosos papis o elixiran!
E todos quedamos con tan bo sabor de boca que apetécenos repetir!!!
Moitas grazas a todas e todos que fixeron posible que se levase a cabo!!
Ata a seguinte edición!!
Unha xornada máis e algo novo!!!
Hoxe liámonos con tintes, gomas e camisetas.
A profe Nerea ensinounos a técnica "Tie-Dye" que en galego significa literalmente "atar-tinguir"; é unha técnica que ten moitos séculos de historia, pero con ese nome coñécese desde 1920.
Como veredes, os resultados foron diferentes e lucidos. Pura artesanía; non hai ningunha igual!
Vaia tendal que se montou!!
Seguimos facendo unha morea de actividades diferentes, divertidas e moi, moi creativas.
Fixádevos no que fixemos con cartolina, lá, pasta e as nosas mans; claro que os profes estiveron ao noso carón para marcarnos o camiño. Quedou ben lucido o resultado!
E volvemos cambiar de actividade; hoxe tivemos Taller de Filatelia e aprendemos a darlle unha nova vida aosselos despois deque cumpriran a súa misión de levar as cartas oo seu destino: despegalos, colocalos, ... e creamos o noso primeiro álbum de selos.
Alba foi a encargada das explicacións acpmpañada pola profe Marila. Outor día será un novo grupo oq ue se adentre no coleccionismo de selos.
Como cada luns tocou Obradoiro de Cociña. Fixemos unha tartiña con galletas molladas en leite e chocolatepara chuparse os dedos grazas ao noso cociñeiro de cabeceira, Hemdan, que nos botou unha man.
Comeza xullo e da inicio o Campamento de verán de Cisneros 2022. Podedes seguir o Campamento de Cisneros 2022 no seguinte blog: https://ci...