venres, 30 de xullo de 2021

30 de xullo de 2021: Festa final

 Hoxe por unha banda estamos moi tristes porque remata o Campamento; estabamos a pasalo tan ben coas compañeiras e compañeiros e tamén cos profes!!!


Pero rematámolo cunha divertida festa de despedida que nos prepararon. Primeiro houbo xogos de auga cos que nos mollamos un "chisquiño" e rimos moito.



Despois o remate final cunha piñata e unha merendola con cousiñas que saben que nos apetecen! 

E moitas, moitas fotos para a lembranza.





Os profes de Cisneros dixéronnos que agradecían as nosas nais e aos nosos pais que confiaran en eles para que nós participaramos na Escola de Verán. Foi unha sorte que os nosos papis o elixiran!

E todos quedamos con tan bo sabor de boca que apetécenos repetir!!! 

Moitas grazas a todas e todos que fixeron posible que se levase a cabo!!

Ata a seguinte edición!!



xoves, 29 de xullo de 2021

29 de xullo de 2021: Tie Dye, piscina, ...

Unha xornada máis e algo novo!!! 

Hoxe liámonos con tintes, gomas e camisetas.

A profe Nerea ensinounos a técnica "Tie-Dye" que en galego significa literalmente "atar-tinguir"; é unha técnica que ten moitos séculos de historia, pero con ese nome coñécese desde 1920.

Como veredes, os resultados foron diferentes e lucidos. Pura artesanía; non hai ningunha igual!

Vaia tendal que se montou!!




Tamén houbo tempo de piscina!!

Resumindo:









28 de xullo de 2021: Taller creativo, natación, filatelia, xogos, ...

 Seguimos facendo unha morea de actividades diferentes, divertidas e moi, moi creativas. 

Fixádevos no que fixemos con cartolina, lá, pasta e as nosas mans; claro que os profes estiveron ao noso carón para marcarnos o camiño. Quedou ben lucido o resultado!

Un grupiño foi a piscina e hoxe temos moitas imaxes!!



Houbo Taller de Filatelia; nesta ocasión, o encargado das explicacións foi o noso compañeiro Tiago; non sei se o sabedes, pero ten unha colección de selos de bombeiros. Sabe moito disto e axudounos a montar o noso primeiro álbum.

Como cada día, temos un tempiño de xogo libre, e hoxe "pescáronos" a moitos de nós en plena acción.

Resumindo...










mércores, 28 de xullo de 2021

27 de xullo de 2021: Taller de filatelia, xogos, ...

 E volvemos cambiar de actividade; hoxe tivemos Taller de Filatelia e aprendemos a darlle unha nova vida aosselos despois deque cumpriran a súa misión de levar as cartas oo seu destino: despegalos, colocalos, ... e creamos o noso primeiro álbum de selos. 

Alba foi a encargada das explicacións acpmpañada pola profe Marila. Outor día será un novo grupo oq ue se adentre no coleccionismo de selos.



E como cada día os profes xogan connosco en diferentes actividades nas que a diversión está garantida.
Mirade...

Resumindo...






luns, 26 de xullo de 2021

26 de xullo de 2021: Cociña, Acrosport, ...

Como cada luns tocou Obradoiro de Cociña. Fixemos unha tartiña con galletas molladas en leite e chocolatepara chuparse os dedos grazas ao noso cociñeiro de cabeceira, Hemdan, que nos botou unha man.


Despois tiñamos que baixar un pouquiño o que comeramos e o profe Borja dirixiu unha sesión de Acrosport. 
Que non o tedes claro... 
Pois explico: 
O acrosport é un deporte acrobático-coreográfico onde se integran tres elementos fundamentais:
  • Formación de figuras ou pirámides corporais
  • Acrobacias e elementos de forza, flexibilidade, equilibrio, ...
  • Elementos de danza, saltos, piruetas ximnásticas
Botade unha ollada e veredes que para ser novatos, non nos saiu nada mal; claro que contamos coa axuda dos profes.

Tivemos tempo para demostrar as nosas habilidades co balón...

Resumindo...







venres, 23 de xullo de 2021

23 de xullo de 2021: Pintura creativa

 Na Escola de Verán as rapazas e os rapaces rematan a semana empregando a pintura dun xeito diferente.

A profe  Tere argallou uns obradoiros moi interesantes!!

Comezaron facendo tatuaxes moi variados.


Continuaron cun achegamento a arte rupestre no que empregaron as suás propias mans para recrear as pinturas que os homes primitivos fixeran nas covas.




Para rematar cun momento moi creativo e impredecible resultado: tiñan que liberar a pintura contida nuns globos picándoos cun dardo. Houbo moitas risas!!!





22 de xullo de 2021: Baile, instrumentos tradicionais, música en vivo,...

Hoxe cambiamos de tercio; fixemos unha achega ás raíces galegas porque a profe Ana ensinounos baile tradicional e veu cargada de instrumentos para iniciarnos no seu coñecemento.

E fomos quen de bailar e tamén de tocar a pandeireta, o pandeiro, as culleres, a flauta...



Houbo tempo para xogos como o bingo que argallaron as profes Ana e Nerea e para terminar as nosas obras de arte feitas coa madeira.




Rematamos a xornada cunha festiña que contou coa actuación do grupo de música tradicional "As da Chispa" formado pola profe Ana mais Carmen e Raquel. 



Que ben o pasamos e que agradecidos quedamos!! Son unhas artistazas!! Que sorte tivemos poder disfrutar de música en vivo e en directo!!

Escoitade a música de fondo do vídeo...






mércores, 21 de xullo de 2021

21 de xullo de 2021: Maxia, xincana, ...

 Un novo día e unha morea de novidades!!

Participamos nunha xincana, ou sexa, un circuíto no que había múltiples probas que superar. 





A verdade é que tivemos a ocasión de manipular un montón de materiais diferentes con texturas variadas.



Tamén creamos unhas pinzas comellonas e fixemos arte con madeira.


E como cada mércores, outro grupo foi refrescarse á piscina mentres desenvolvían as súas habilidades natatorias...

Colofón da mañá: sesión de maxia coa "Maga Paca" que sorprendeu coas súas habilidades.





20 de xullo de 2021: Educación viaria, piscina, xogos, ...

 Nesta xornada, un grupiño de nenas e nenos fixemos o camiño escolar guiados por Beni Bouzada, Técnico de Educación Viaria, membro de ATESUGAL-FETEVI. No traxecto lembramos por onde cruzar as rúas e como facelo con seguridade. Lino e Desi tiveron moito que ver.

Xa no cole un Taller de Educación Vial no que aprendimos as cousiñas que nós e vós os maiores facemos mal, para así poder corrixilas. Tende coidado e facédeo ben porque dende hoxe temos o carné de detectives viarios; estaremos moi atentos ao incumprimento das normas.

E mirade, as profes e os profes tamén se animaron a ser detectives!!
E máis cousiñas que fixemos hoxe: xogos coas cadeiras. A verdade é que non paraban nin parabamos nós. Moito movemento houbo!

E para exercitar as nosas neuronas, uns xogos de adiviñas!!!


Como era o aniversario de Iago, agasallounos cunha riquísima tarta. 



Tampouco faltou  o grupo da piscina, que segundo recoñeceron os monitores, melloramos moito. Podedes comprobalo.











luns, 19 de xullo de 2021

19 de xullo de 2021: Taller de Cookies

 Hoxe enredamos na cociña e elaboramos unhas cookies riquísimas; e non sabedes o máis curioso... tivemos que ir na procura da receita para poder comezar xa que nola tiñan agochada.

Como somos moi listiños, atopámola e puxémonos mans á obra cun resultado soboroso de verdade.

Botade unha ollada ás imaxes!









domingo, 18 de xullo de 2021

18 de xullo de 2021: Saímos no Xornal

 Xa sabemos que hoxe é domingo e non estamos de Campamento; mais é un día especial xa que as actividades que realizamos foron recollidas no Suplemento Vida de "La Región".

Mirade que guapiños saímos!!



1 de xullo de 2022- Escola de Verán Cisneros

Comeza xullo e da inicio o Campamento de verán de Cisneros 2022.   Podedes seguir o Campamento de Cisneros 2022 no seguinte blog: https://ci...