Amosando publicacións coa etiqueta escola de verán. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta escola de verán. Amosar todas as publicacións

venres, 23 de xullo de 2021

22 de xullo de 2021: Baile, instrumentos tradicionais, música en vivo,...

Hoxe cambiamos de tercio; fixemos unha achega ás raíces galegas porque a profe Ana ensinounos baile tradicional e veu cargada de instrumentos para iniciarnos no seu coñecemento.

E fomos quen de bailar e tamén de tocar a pandeireta, o pandeiro, as culleres, a flauta...



Houbo tempo para xogos como o bingo que argallaron as profes Ana e Nerea e para terminar as nosas obras de arte feitas coa madeira.




Rematamos a xornada cunha festiña que contou coa actuación do grupo de música tradicional "As da Chispa" formado pola profe Ana mais Carmen e Raquel. 



Que ben o pasamos e que agradecidos quedamos!! Son unhas artistazas!! Que sorte tivemos poder disfrutar de música en vivo e en directo!!

Escoitade a música de fondo do vídeo...






martes, 13 de xullo de 2021

13 de xullo de 2021: Centrados na música

 Hoxe case todo "xirou" arredor da música. 

Comezamos con ritmos, xa sabedes... unha sucesión regular de sons fortes e débiles de xeito recurrente, regular, medido e controlado.

Seguimos cuns bailes para continuar cun obradoiro de creación de instrumentos musicais. 


E como cada martes, un grupiño vai á piscina para disfrutar coa auga.
Xa vedes que non temos tempo de aburrirnos porque tamén fixemos xogos cooperativos!!



E coma sempre... unhas imaxes en movemento para resumir o día<.






luns, 12 de xullo de 2021

12 de xullo de 2021: Taller de cociña, actividades grupais, ...

 Quedamos con bo sabor de boca da semana pasada e comezamos esta traballando de novo na cociña; mellor que traballando, deberiamos dicir que disfrutando co que facemos.

O mellor, despois "zampamos" as nosas obras: Tarta de queixo que acompañamos de batido de oreo. Todo boísimo!!! Non o sabedes ben!!




Despois reunímonos no patio para desenvolver variadas actividades grupais. Aínda enedamos un bo rato.

 


xoves, 8 de xullo de 2021

8 de xullo de 2021: Musicoterapia, pintura creativa, ...

 Un novo día con experiencia sensorial. Tocou, nunca mellor dito, musicoterapia!! A profe Adriana utilizou os sons para facilitar a nosa aprendizaxe, estimular a comunicación, o movemento, a expresión, ...

 






 
Creamos obras de arte, pero non empregamos pinceis; nesta ocasión ás profes ocorréuselles que o podiamos facer con pintura e bastoncillos dos oídos; e fomos quen de de facelo. Somos uns artistiñas!!
Houbo piscina para o terceiro grupo e rematamos coa película "Luca". Mirade o vídeo para saber máis da nosa xornada.






 

7 de xullo de 2021: Piscina, creatividade, ...

 Unha xornada con novidades, ... coma sempre. Cada día, sorpresa, sorpresa!!!

Hoxe amasamos, pero non para comer! Amasamos pasta de sal coa profe Nerea e deixamos voar a nosa imaxinación para modelar obxectos. 

Xa sabedes que a nós gústanos moito manchar as mans!! E vemos que a nosa profe tamén! 

Botade unha ollada 👀


 

Tamén tocoulle piscina a outro grupo que difrutou do lindo na auga. 

 


 

Completamos o día con xogos cooperativos.



Unhas imaxes para que descubrades o ben que o pasamos.



martes, 6 de xullo de 2021

6 de xullo de 2021: Ioga, Piscina, ...

Hoxe os máis madrugadores comezamos mostrando as nosas dotes artísticas cos pinceis.
Despois, e da man da profe Silvia, tocou ioga; xa sabedes, a técnica de reflexión e exercicio físico procedente da India que ten como finalidade chegar a un perfecto dominio do espírito e do corpo.
E iniciándonos no mindfulness que mellorará a nosa capacidade de atención.
Estivemos moi concentrados cadaquén no seu lugar.


Tamén foi o noso primeiro día de piscina no Campamento. Imos por grupos, así que xa veredes outro día aos demais.


Un pouquiño de todo nesta montaxe:





luns, 5 de xullo de 2021

5 de xullo de 2021: Taller de Cociña "Empanadillas"

 Unha nova xornada para aprender cousiñas, divertíndonos a tope!

Hoxe tocou cociña. E fixemos empanadillas.

As empanadillas son unha elaboración moi popular. Pero as nenas e os nenos eleváronas de categoría xa que non seguiron o camiño máis fácil senón que as fixeron dende cero: masa e recheo todo a man.

As imaxes din: Cómeme!!!




E un vídeo ilustrativo dos pasos a seguir, con receita e todo; nel veredes que tamén tivemos tempo para xogar.





1 de xullo de 2022- Escola de Verán Cisneros

Comeza xullo e da inicio o Campamento de verán de Cisneros 2022.   Podedes seguir o Campamento de Cisneros 2022 no seguinte blog: https://ci...