Como cada luns tocou Obradoiro de Cociña. Fixemos unha tartiña con galletas molladas en leite e chocolatepara chuparse os dedos grazas ao noso cociñeiro de cabeceira, Hemdan, que nos botou unha man.
Despois tiñamos que baixar un pouquiño o que comeramos e o profe Borja dirixiu unha sesión de Acrosport.
Que non o tedes claro...
Pois explico:
O acrosport é un deporte acrobático-coreográfico onde se integran tres elementos fundamentais:
- Formación de figuras ou pirámides corporais
- Acrobacias e elementos de forza, flexibilidade, equilibrio, ...
- Elementos de danza, saltos, piruetas ximnásticas
Botade unha ollada e veredes que para ser novatos, non nos saiu nada mal; claro que contamos coa axuda dos profes.
Tivemos tempo para demostrar as nosas habilidades co balón...
Resumindo...
Ningún comentario:
Publicar un comentario