Despois da Asemblea inicial do novo día, tocou facer botiños de sal de cores.
Sabedes que precisamos para iso? Sal, xices de cores, polo menos 4 tons diferentes, follas de papel, frasco, ... e moitas gañas de enredar e uns profes molóns que nos botaraon unha man.
E para rematar a xornada, tivemos sesión de cine: "Ratatouille".
Sabiades que Ratatouille é a oitava película de animación producida por Pixar, gañadora do premio Óscar por mellor película de animación?
E que o seu nome provén de ratatouille, o nome dunha especialidade rexional francesa?
Aprendendo!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario