Nesta xornada, un grupiño de nenas e nenos fixemos o camiño escolar guiados por Beni Bouzada, Técnico de Educación Viaria, membro de ATESUGAL-FETEVI. No traxecto lembramos por onde cruzar as rúas e como facelo con seguridade. Lino e Desi tiveron moito que ver.
Xa no cole un Taller de Educación Vial no que aprendimos as cousiñas que nós e vós os maiores facemos mal, para así poder corrixilas. Tende coidado e facédeo ben porque dende hoxe temos o carné de detectives viarios; estaremos moi atentos ao incumprimento das normas.E mirade, as profes e os profes tamén se animaron a ser detectives!!
E máis cousiñas que fixemos hoxe: xogos coas cadeiras. A verdade é que non paraban nin parabamos nós. Moito movemento houbo!
E para exercitar as nosas neuronas, uns xogos de adiviñas!!!
Como era o aniversario de Iago, agasallounos cunha riquísima tarta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario