venres, 23 de xullo de 2021

23 de xullo de 2021: Pintura creativa

 Na Escola de Verán as rapazas e os rapaces rematan a semana empregando a pintura dun xeito diferente.

A profe  Tere argallou uns obradoiros moi interesantes!!

Comezaron facendo tatuaxes moi variados.


Continuaron cun achegamento a arte rupestre no que empregaron as suás propias mans para recrear as pinturas que os homes primitivos fixeran nas covas.




Para rematar cun momento moi creativo e impredecible resultado: tiñan que liberar a pintura contida nuns globos picándoos cun dardo. Houbo moitas risas!!!





22 de xullo de 2021: Baile, instrumentos tradicionais, música en vivo,...

Hoxe cambiamos de tercio; fixemos unha achega ás raíces galegas porque a profe Ana ensinounos baile tradicional e veu cargada de instrumentos para iniciarnos no seu coñecemento.

E fomos quen de bailar e tamén de tocar a pandeireta, o pandeiro, as culleres, a flauta...



Houbo tempo para xogos como o bingo que argallaron as profes Ana e Nerea e para terminar as nosas obras de arte feitas coa madeira.




Rematamos a xornada cunha festiña que contou coa actuación do grupo de música tradicional "As da Chispa" formado pola profe Ana mais Carmen e Raquel. 



Que ben o pasamos e que agradecidos quedamos!! Son unhas artistazas!! Que sorte tivemos poder disfrutar de música en vivo e en directo!!

Escoitade a música de fondo do vídeo...






mércores, 21 de xullo de 2021

21 de xullo de 2021: Maxia, xincana, ...

 Un novo día e unha morea de novidades!!

Participamos nunha xincana, ou sexa, un circuíto no que había múltiples probas que superar. 





A verdade é que tivemos a ocasión de manipular un montón de materiais diferentes con texturas variadas.



Tamén creamos unhas pinzas comellonas e fixemos arte con madeira.


E como cada mércores, outro grupo foi refrescarse á piscina mentres desenvolvían as súas habilidades natatorias...

Colofón da mañá: sesión de maxia coa "Maga Paca" que sorprendeu coas súas habilidades.





20 de xullo de 2021: Educación viaria, piscina, xogos, ...

 Nesta xornada, un grupiño de nenas e nenos fixemos o camiño escolar guiados por Beni Bouzada, Técnico de Educación Viaria, membro de ATESUGAL-FETEVI. No traxecto lembramos por onde cruzar as rúas e como facelo con seguridade. Lino e Desi tiveron moito que ver.

Xa no cole un Taller de Educación Vial no que aprendimos as cousiñas que nós e vós os maiores facemos mal, para así poder corrixilas. Tende coidado e facédeo ben porque dende hoxe temos o carné de detectives viarios; estaremos moi atentos ao incumprimento das normas.

E mirade, as profes e os profes tamén se animaron a ser detectives!!
E máis cousiñas que fixemos hoxe: xogos coas cadeiras. A verdade é que non paraban nin parabamos nós. Moito movemento houbo!

E para exercitar as nosas neuronas, uns xogos de adiviñas!!!


Como era o aniversario de Iago, agasallounos cunha riquísima tarta. 



Tampouco faltou  o grupo da piscina, que segundo recoñeceron os monitores, melloramos moito. Podedes comprobalo.











luns, 19 de xullo de 2021

19 de xullo de 2021: Taller de Cookies

 Hoxe enredamos na cociña e elaboramos unhas cookies riquísimas; e non sabedes o máis curioso... tivemos que ir na procura da receita para poder comezar xa que nola tiñan agochada.

Como somos moi listiños, atopámola e puxémonos mans á obra cun resultado soboroso de verdade.

Botade unha ollada ás imaxes!









domingo, 18 de xullo de 2021

18 de xullo de 2021: Saímos no Xornal

 Xa sabemos que hoxe é domingo e non estamos de Campamento; mais é un día especial xa que as actividades que realizamos foron recollidas no Suplemento Vida de "La Región".

Mirade que guapiños saímos!!



sábado, 17 de xullo de 2021

16 de xullo de 2021: Xogando coa auga, slime, aniversario...

 E chegou o venres e con el os xogos de auga. Facía calor así que viñéronnos xenial para refrescarnos un pouquiño.





Houbo Obradoiro de Ciencia no que fixemos "slime"; xa sabedes, esa masa consistente, xelatinosa e elástica á que lle podemos dar forma ou sinxelamente, estirala, ... o que nos axudou a desestresarnos!!



E como complemento da xornada, celebramos o aniversario de Martín comendo unha tarta boísima...😋😋










1 de xullo de 2022- Escola de Verán Cisneros

Comeza xullo e da inicio o Campamento de verán de Cisneros 2022.   Podedes seguir o Campamento de Cisneros 2022 no seguinte blog: https://ci...